Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
O KGZ volve de Turquía

Reciben a David García con camisolas co seu nome e unha gran pancarta

A expedición do equipo ciclista profesional galego chegou aio aeroporto de Peinador con atraso, pero a xente que os agardaba non marchou.

Redacción - 11:04 22/04/2008
David García á súa chegada

David García á súa chegada

Dúas horas despois do previsto chegaron os ciclistas do KGZ que viaxaran a Turquía, e un a un foron aparecendo pola porta, o primeiro: David García. Despois chegaron Gustavo C. Veloso, Delio Fernández, David Abal e Alejandro Paleo; o médico do equipo, Dr. Xoán M. R. Bastida; os auxiliares: Santiago Diz e Fernando Ordóñez Citoula, e o seu director deportivo, Xosé Anxo Vidal.

Camisolas con nome de David García

O protagonista da primeira rolda internacional que gaña o Karpin Galicia nos seus dous anos de historia foi recibido con pancartas por un grupo de admiradores. Para a xente que agardaba foi unha pena que o marinense non puidese amosar o seu maillot amarelo ou o trofeo de campión, por causa do atraso da equipaxe. Mais o que si fixo García foi abrir unha botella de cava para celebrar a súa tremenda progresión en sete días de carreira.

Agora quédanlle uns días de recuperación ao ciclista de Marín antes de se enfrontar ás seguintes roldas que lle teñen preparadas: a Subida ao Naranco e a Volta a Asturias.


Ligazóns

5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: