Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Actualidade do equipo ciclista profesional galego

David García, terceiro no Gran Premio de Istambul

No mesmo premio, o tamén ciclista do KGZ, Gustavo César Veloso, foi quinto. Outros galegos, aínda que non do KGZ, destacaron esta fin de semana, como David Blanco, segundo no Alentexo.

Redacción - 13:55 14/04/2008

O KGZ tivo un bo comezo en Turquía, chegando terceira no 'Grand Prix Istanbul' o seu corredor David García. O mariñense entrou por detrás do suízo Gregory Rast (Astana) e do italiano Francesco Ginanni (Serramenti PVC-Diquigiovanni). A quinta posición foi para outro corredor do equipo galego, Gustavo César Veloso.

Na Clásica de Primavera, Mosquera foi décimo quinto

Damiano Cunego (Lampre) adxudicouse a cincuenta e catro edición da 'Klásika de Primavera' ao superar a Alejandro Valverde (Caisse D'Epargne) nun sprint no que tamén entraron Carlstrom (Liquigas) e Astarloza (Euskalte), terceiro e cuarto, respectivamente.

Ezequiel Mosquera entrou na meta nun grupo perseguidor, a doce segundos do vencedor, de décimo quinto. O ciclista do Karpin Galicia intentou lucir na suba a Muniketa, a dez quilómetros de meta, pero o seu ataque non prosperou.

Os galegos destacan na 'Volta ao Alentejo'
O galego David Blanco (Palmeiras-Resort) entrou de cuarto na vinte e seis edición da 'Volta ao Alentejo', por detrás de Manuel Cardoso (A Liberty), que gañou a rolda no sprint final. Mais na clasificación xeral individual Blanco foi segundo, por detrás de Héctor Guerra (Liberty Seguros).

Outro galego, Alejando Marque (Palmeiras-Resort) foi oitavo, e o ciclista do KGZ Gustavo Domínguez foi vixésimo terceiro. Tamén do KGZ, Gonzalo Rabuñal finalmente acabou de 33, Troncoso de 45 e Xesús Cobelo de 90.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Na 'Volta ao Alentejo', os espectadores
Na 'Volta ao Alentejo', os espectadores
A primavera tamén chegou ao Alentexo (na Volta)
A primavera tamén chegou ao Alentexo (na Volta)
Na 'Klasika de Primavera' / Imaxe: S. C. Amorebieta
Na 'Klasika de Primavera' / Imaxe: S. C. Amorebieta