O equipo ciclista profesional galego segue comandar a ‘Volta a Turquía' despois de transcorrer a cuarta etapa.
No transcurso da cuarta etapa da rolda turca, disputada sobre un percorrido 177,7 quilómetros entre Marmaris e Oludeniz, o equipo galego tivo que aplicarse sobre estradas, por veces, desfeitas, e nun terreo moi ondulado para manter controlada unha fuga de dez corredores que chegou a levarlles seis minutos de vantaxe aos líderes galegos. A etapa tivo como gañador ao italiano Filippo Savini (CSF Group Navigare).
O pelotón foi, durante moitos quilómetros, unha foto fixa cos cinco corredores do Karpin Galicia marcando o ritmo na cabeza, e David García, de amarelo, pechando a formación do equipo galego. Na suba, o KGZ expuña tamén o primeiro e segundo postos de David García e de Gustavo César Veloso, ameazados por Benítez (Saunier Duval), Jacobs (Silence-Lotto) e Petrov (Benfica), fundamentalmente. Era un terreo no que os seus compañeiros de equipo xa non podían prestarlles axuda, pero ámbolos dous corredores defenderon con gran solvencia as súas privilexiadas posicións.
David García segue líder, a catro segundos sobre Veloso
David García acabou décimo na etapa, dentro dun pelotón no que tamén entrou Veloso, no posto trinta e tres; así como outro galego, o redondelán, do Estremadura, Enrique Salgueiro, que foi décimo quinto.
Na xeral David García mantén os catro segundos de vantaxe sobre Veloso e vinte e cinco sobre Benítez e Jacobs. Salgueiro subiu un posto e é décimo.
A cuarta etapa ha transcorrer por outro accidentado percorrido, cun só porto de montaña pero cun perfil moi rugoso, entre as poboacións de Kalkan e Finique. Porén, vai ser a xornada máis curta da volta, con 100,1 quilómetros.