Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
POLÉMICA URBANÍSTICA

A Garda Civil investigará a recualificación de terreos en Aranga

A Fiscalía do TSXG encárgalle aos axentes un informe sobre como se xestou o convenio entre o goberno local e o empresario Xosé Collazo.

Redacción - 20:55 11/03/2008

A sección de Urbanismo da Fiscalía do TSXG ordenoulle á Garda Civil que investigue a polémica recualificación urbanística que está a levar a cabo o Concello de Aranga. Segundo informacións da Cadena Ser, o ministerio público quere que se aclare se o convenio polo que se recualifican tres millóns de metros cadrados de terreos rústicos é legal. O goberno local, presidido por Manuel Braña (PPdeG), comprometeuse a facilitar os cambios urbanísticos para que o coruñés Xosé Collazo, un dos máis importantes empresarios do xogo de toda Europa, puidese promover un macropolígono industrial e 744 vivendas.

O pequeno municipio de Aranga, pertencente á comarca de Betanzos, está en pé de guerra dende que se coñeceu que o PXOM que está a tramitar o consistorio contempla esta recualificación. Algúns veciños denuncian que venderon as súas parcelas a baixo prezo pensando que eran para un couto de caza ou un campo de golf.

A Fiscalía cambia de idea logo das críticas

No seu día o voceiro do BNG no Parlamento, Carlos Aymerich, criticou que a Fiscalía non abrise unha investigación de oficio. Este xornal púxose en contacto o pasado 12 de febreiro con fontes da Fiscalía do TSXG. Naquel momento afirmaban que aínda non abriran dilixencias xa que estimaban que era un asunto administrativo.

Vídeos elaborados por Vieiros sobre a polémica recualificación:




5/5 (7 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: