Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONVOCA UN PLENO PARA O DÍA 27

O alcalde de Aranga nega que haxa "ocultismo" e acusa á oposición de "intoxicar"

Manuel Brañas convida aos veciños afectados polo PXOM a presentar alegacións.

Redacción - 09:40 17/02/2008

Dende o goberno local de Aranga deféndese a legalidade do proceso de aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Aranga, cuestionado nos últimos días dende os grupos da oposición, e lémbrase que o concello está a ser escrupuloso co procedemento habitual para a aprobación deste tipo de planeamentos. A este respecto, o alcalde Manuel Brañas nega as acusacións de "ocultismo" e afirma que todos os veciños recibiron unha carta informándolles do inicio do período de exposición pública. Así mesmo, ofrécese para explicarlles persoalmente aos veciños as consecuencias do novo PXOM.

O rexedor engadiu que os grupos da oposición "so queren enfrentar aos veciños co Concello, e buscan a crispación". Brañas manifestou o desexo do gobierno local de resolver esta situación garantindo os dereitos dos veciños, e ofreceuse para atender todas as súas demandas. "O que teñen que facer os veciños e consultar os seus problemas cos técnicos da oficina de urbanismo, e presentar por escrito as súas alegacións", afirmóu o alcalde, quen reiterou o seu compromiso de "atendelas todas, dacordo cos informes dos técnicos".

Brañas convocou un pleno para o vindeiro día 27, como lle solicitaba o PSOE, para tratar o asunto.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Os veciños levan semanas protestando contra o novo PXOM
Os veciños levan semanas protestando contra o novo PXOM