Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DENUNCIA POR PREVARICACIÓN

Dous directores xerais declaran durante cinco horas sobre a Autovía do Barbanza

Manuel Morato e Eugenio García Lalinde, responsábeis de Obras Públicas e de Política Financeira, pasaron polo xulgado, tras aceptarse a querela do PPdeG.

Redacción / EP - 19:00 04/03/2008

Manuel Morato, director xeral de Obras Públicas, acudiu ao Xulgado de Instrución Número 2 de Santiago ás dez da mañá, e declarou durante máis de tres horas. Pola súa banda, o director xeral de Política Financeira da Consellería de Economía e Facenda, que estaba citado ás 12.00 horas, compareceu ante o xuíz sobre as 13.30 horas. García Lalinde prestou declaración ante o xuíz durante unhas dúas horas e uns minutos logo das 15.30 horas abandonou o xulgado sen facer declaracións aos xornalistas.

O avogado da Xunta asegurou que hoxe non se entregou ningunha documentación nova ao maxistrado que abriu as dilixencias previas, o xuíz decano de Santiago, Javier Míguez Poza, e que dispón do expediente completo da adxudicación das obras de desdobramento do vía do Barbanza.

Pasarán polo xulgado catro altos cargos
En total, o xuíz citou a catro cargos da Xunta pola querela presentada polo PPdeG a principios de febreiro por suposta prevaricación na adxudicación das obras de desdobramento da vía do Barbanza. Está previsto que na xornada de mañá acuda a prestar declaración o subdirector xeral de Estradas, Antonio López Branco, en relación coa citada denuncia do Partido Popular, cuxo avogado rehusó tamén facer declaracións aos xornalistas. Ademais, falta por declarar tamén a xefa do servizo provincial de estradas da provincia da Coruña, Teresa Palacios Alonso.

O Partido Popular anunciara o 30 de outubro que levaría o asunto aos tribunais despois de que os socialistas e os nacionalistas rexeitasen en dúas ocasións crear unha comisión de investigación sobre o tema. Daquela, o presidente dos populares galegos dixera que esperaba que os tribunais "acreditasen" a orixe do "sobrecusto" de 30 millóns de euros. A denuncia refire supostos delitos de prevaricación administrativa, fraude, tráfico de influencias, maquinación para alterar o prezo das cousas, e negociación prohibida a funcionarios públicos e abusos en exercicio da súa función.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: