Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PULSO ENTRE PSdeG e PPdeG

Touriño e Feijoo cruzan graves acusacións polas obras na vía do Barbanza

O presidente acusa á anterior Xunta de "actuación fraudulenta" e o líder dos populares di que se "prevaricou" na adxudicación dos traballos.

Redacción / EP - 13:23 12/09/2007
A vía rápida do Barbanza é unha das de máis sinistralidade do país

A vía rápida do Barbanza é unha das de máis sinistralidade do país

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e o líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, cruzaron este mércores graves acusacións no Parlamento polas obras de desdobramento da autovía do Barbanza. Mentres Touriño falaba dunha “actuación fraudulenta” do anterior executivo popular, Feijoo acusa á Xunta actual de ter “prevaricado” na adxudicación das obras.

Feijoo bateu contra o Goberno por rexeitar unha comisión que explique porque se “dilapidaron” 30 millóss de euros adxudicándolle a obra a Sacyr cando había outra oferta máis barata da construtora San José. Touriño replicou que a vía do Barbanza foi “unha chapuza mortífera” da época popular e asegurou que agora Política Territorial pon como “primeiro valor a calidade e a seguridade”. Segundo o presidente, a proposta que apoiaba o PPdeG era unha fraude xa que carecía de elementos básicos como a capa de rodadura ou as gavias se seguridade e por iso decidiu paralizala.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: