Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONTROVERTIDA ADXUDICACIÓN

O xulgado admite a denuncia do PPdeG contra o Goberno pola autovía do Barbanza

O xuíz chamou a declarar catro representantes de Política Territorial e de Economía en calidade de imputados por presunta prevaricación.

Redacción / EP - 18:35 18/02/2008

O xuíz admitiu a trámite a denuncia presentada polo PPdeG por presunta prevaricación na adxudicación da autovía do Barbanza. O maxistrado encargado do caso citará a declarar, en calidade de imputados, o director xeral de Obras Públicas da Consellaría de Política Territorial, Manuel Morato Miguel; o director xeral de Política Financeira e Tesouro de Economía e Facenda, Eugenio García Lalinde; o subdirector xeral de Estradas, Antonio López Blanco, e a xefa do servizo provincial de estradas da Coruña, Teresa Palacios Alonso.

Segundo fontes consultadas por Europa Press, os catro imputados terán que declarar, de dous en dous, o 4 e o 5 de marzo, nun auto feito público este luns. Nel, admite a denuncia que interpuxo o PPdeG contra a Xunta por supostos delitos de prevaricación administrativa, fraude, tráfico de influencias, maquinación para alterar o prezo das cousas, negociación prohibida a funcionarios públicos e abusos en exercicio da súa función.

O Partido Popular anunciara o 30 de outubro que levaría o asunto aos tribunais despois de que os socialistas e os nacionalistas rexeitasen en dúas ocasións crear unha comisión de investigación sobre o tema. Daquela, o presidente dos populares galegos dixera que esperaba que os tribunais "acreditasen" a orixe do "sobrecusto" de 30 millóns de euros.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: