Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
CRÓNICA DA AXENDA CULTURAL 2006-2007

Rede.cat de seu: onades activistes, marés de cultura

O mes de xaneiro Rede.cat presentaba no Centro Galego a súa Axenda Cultural, acto no que Lito Caramés ofreceu unha crónica galego-catalá da tempada pasada.

Lito Caramés - 20:00 10/02/2008

Hai cinco anos unha onda rebentou nos peitos todo o seu chapapote de estulticias, chapuzas, ineptitudes, morte. E berramos Nunca Máis!

Daquela, naceu algo novo. En Barcelona foi a asociación espontánea, a xuntanza de persoas e entidades, catalás e galegas. Xuntas. A conciencia de vivirmos aquí e sentir a presenza de alá. A certeza de non ficar sós.

Andando o tempo, teño para min que aquelas fervedoiras, e manifestacións, e mormente as asembleas de todos os martes no Centro Galego, foron o xermolo do que hoxe é Rede.cat.

Agora Rede.cat é facho. Clarencia da que ten falado María Mariño ao dicir:

Lumeiro xa de onte, de hoxe e de mañán!
Lumeiro que aluma con luz de sin farol.

Rede.cat é encaixe de Camariñas. Laborioso, firme, ensarillado por mans que apalpan garbís e tramuntanas. A urda que enfía dúas realidades -nacer e pacer-, o abalo fisterrá do noroeste ancorado ao pé desta outra masa salgada, que tamén ten alma profunda e escura.

Os tempos mudan. Agora seica muda até o tempo. Será o Cambio Climático? Permanencia e troco: "todo pasa y todo queda". Asemade, os historiadores afirman que vivimos na Idade dos Extremos. Poño por caso, a universalización dos dereitos das persoas e, por desgraza, as máis aterradoras violacións dos mesmos. Tivemos ocasión neste ano 2007 de botar man das memorias -ediatas e inmediatas- para non esquecer, para rexeitar silencios impostos con forza. Para non esquecer que seguen os choros sanguentos do criminal machismo.

En Rede.cat andamos a buscar o noso sitio -facer camiño- entre tanto cambio e extremismos. Buscamos identidades na pluralidade e no compromiso.

Os compromisos con nós mesmos, coa nosa condición binaria: habitantes de Catalonia con raizames atlánticas, usuarios desta urbe e preocupados pola Gallaecia de hoxe. A cabalo entre esta beira e a outra beira. A lingua na que agora me expreso vén daquelas xeografías. Aquesta altra que ara m'omple ja la vaig trobar aquí. Bipolares, bifocais mergullados na sociedade. En fin, anfibios implicados.

O noso compromiso medra nesa tea que tramamos a cotío coa forza de penélopes. Refírome á fermosa colcha de farrapos que é a Agenda Cultural Galega. Ao longo dos meses sentín na Galería Sargadelos, nas aulas universitarias, tamén no Centro Galego, nos ateneus, en locais desta vila e de fóra dela, a súa policromía téxtil sobre min. A carpa riseira, entusiasta.

I així, vaig olorar a farrapeira. (Ara li diuen “patchwork”). Vaig olorar el seu alè fort d'espígol amb ressons de Foliada quan feia gresca per carrers de barri plens de música, amb treballadors del Carpe Kalendam, festicultores, pagesos de tromba i percussió. Malabaristes de nota i rauxa.

Vaig tenir la sort de veure la vànova sobre els alumnes dels instituts de la província de Barcelona tot parlant en lingua galega. I, tal vegada, sobre uns altres que baixaven del Estrella de Galícia (un anacronisme transpeninsular, un cuc grisós d'arqueologia comunicativa), aquests joves, doncs, esforçant-se per saludar i comunicar-se en català. Veure'ls junts a la mateixa sala, mentre unes noies maquíssimes de l'Hospitalet declamaven allò de "Bolboreto encolle e estarrica, ora é un mundo, ora un calacú", i els nouvinguts -des de Meira, terra d'aigües naixents-, aplaudien desconcertats i sorpresos. Per descomptat!

El cobrellit amorós, també vola per les ones hertzianes sostingut per ERGAC (Espais Radiofònics Gallecs a Catalunya), guardonats per la seva feina "tanto a micro aberto como a micro pecho". I circula, de fa temps, per les bandes cibernètiques. Tacte de pantalla, missatger d'esdeveniments. És Vieiros, de comunicació efectiva i afectiva.

Cheguei a tocar os farrapos sobre min ao tempo que facía o Camiño pola memoria. Tempo de Mulleres, a ficción lúdica e irónica de Furafollas, de La Pedrera a Sargadelos. Troleiradas ben certas, con vistas ao pasado e ao mundo feminino. Certas, como que se deitan os Contos no Mediterráneo, como que masas corais festexan tempos novos.

Toda acción é camiño, camiños que transitaron por sendas agochadas as mulleres. Hogano no cobertor da Axenda Cultural elas fiaron verbas de debate e loita, facetas de cómicas, literaturas musicais. Donas do onte e do agora, deron os seus ollos por manifestar presenzas, por revelar os seus rastros.

A colcha, a farrapeira, vaise tentando en calquera intre. Salas, cuartos, á noite, rúas, vilas, polo día, mesmo o ar e mais o ciberespazo. Tanto ten aquí coma aló, en Badalona, en Córgomo, a Vilarouto i a la plaça del Padró. Quizais os novos retos que veñen, estas obrigas que xa imos pespuntando, nos aventuren por novas fronteiras. Ao tempo. Tot arribarà. A La Xina ja hi som i amb obres premiades, com és el cas de les "gardianas do salitre", do chinés Baranga.

Gustei moito d'O Maio Cultural, mes da escrita e dos sentimentos. Non cómpre citar todos os actos, tarefas florecidas de esforzo e xuventude. Si é certo que aínda reteño no padal o sabor de danzas no Palau de la Música Catalana, acordes de Son Galiza, e a tensa imaxe de María Mariño.

E, que música de fondo se lle pode pór a este curso 2006-2007, tan frutífero? Máis aló das verbas, rebumbios e acordes que deixaron conferencias, foliadas, debates, festas, representacións troleiras, o mesmo Son Galiza... Máis aló, no fondo dos tímpanos, nos miolos, queda o estremecer poderoso. A maré. Si. O rompente de xentes matinando, labourando arreo para encher de puntadas a farrapeira cada día máis grande, a Agenda Cultural Galega.

Comecei esta alocución co negro do chapapote, cor de hai anos. Pero a maré de hoxe é arco da vella, arc de sant martí, de activismo e fervenzas. Irisacións "no estremecido urro das marés en guerra". E así sentinme e síntome acompañado, sumado, anfibio implicado polo entusiasmo de compañeiras e compañeiros.

Arco da vella. Sete emocións para sete cores:

- Diada de Galiza, festa de verán, concerto de publicacións premiadas, debates e afirmacións de seu.

- Sucumbir á sensualidade da Teresa das herbas. Herbas e verbas para namorar.

- Celebrar la instal·lació al Centro Galego de dues exposicions relacionades amb el món femení. Una en llengua catalana: "La Violència contra les Dones", l'altra en galego: "Mulleres". I aplaudir aquella representació teatral feta també en llengua catalana. De cert Francisco Ferrío estarà feliç.

- Dançar a la plaça del Rei. Dansar i dansar, afalagat per amples cartells. Cartells suggestius, els cartells de la Primavera Republicana.

- Comprobei as sumas da ben tecida farrapeira en Nou Barris. A Foliada múltiple, iniciática e cómplice.

- Erguín, ao berro ceibe do Ajru!, nos intres de empatía con Mercedes, a vitalista, a peón das músicas.

- Atopei María Mariño cando nos visitou para falar de Noia. E sentín que riscaba dores e latexos da súa bitácora. Ela tamén... Ela tamén navegar.

Quero, xa que logo, dedicar estas verbas ás persoas de Rede.cat, as responsábeis da maxia produtiva que tece a farrapeira Agenda Cultural Galega. Á xente de Rede.cat e a quen nos anima e acompaña. Todos anfibios implicados. Permítaseme que para expresar a miña gratitude a tantas amigas e amigos, e mellor reflectir a emoción manifesta de Darío Xohan Cabana ("por amor canto o meu canto"), bote man de dous versos dun fermoso romance que definen este meu sentir:

Yo no digo esta canción
sinó a quien conmigo va.

Grazas, moltes gràcies.


5/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Lito Caramés (© Anxo Baranga)
Lito Caramés (© Anxo Baranga)
Eva Méndez (© Anxo Baranga)
Eva Méndez (© Anxo Baranga)
Alberte Montes (© Anxo Baranga)
Alberte Montes (© Anxo Baranga)
Xosé Mari Sancho, L. Caramés, José Luís Vergara (© Anxo Baranga)
Xosé Mari Sancho, L. Caramés, José Luís Vergara (© Anxo Baranga)