Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
A Gresca. XV Festival de Cerceda

A Foliada trasládase de Nou Barris a Cerceda

A organización da Foliada os vindeiros 7, 8 e 9 de setembro en Cerceda, busca promover e consolidar vías de comunicación e contacto que fomenten o intercambio entre Galiza e Catalunya.

Rede.cat - 09:00 03/09/2007

Este ano, a diferenza de edicións anteriores, A Foliada trasladase de Nou Barris (Barcelona) a Cerceda (A Coruña). Iníciase desta maneira un proceso que pretende ser de ida e volta. Alternar cada ano o desembarco de artistas galegos (La Foliada) e cataláns (A Gresca) para amosar e compartir o mellor das súas respectivas realidades culturais. Tamén para contribuír a tecer novas redes de comunicación e acción entre Galiza e Catalunya, como mostra o traballo conxunto que están a realizar o Bidó de Nou Barris, Rede.cat, a Asociación Cultural Lucerna e o Kasal de Joves de Roquetes.

A viaxe, que percorre o camiño inverso ao que tradicionalmente leva a moitas galegas e galegos a súa emigración a Barcelona, convértese no motor que fai posible o intercambio: a conexión nun mesmo espazo da cultura urbana de barrio coa cultura de ámbito rural: A Gresca traslada a un conxunto de persoas e artistas de Nou Barris e outros puntos de Barcelona e Catalunya a Cerceda. Esta vez os motivos son ben diferentes, compartir experiencias, establecer vías de comunicación e contacto, promover o mutuo coñecemento e divertirse a través das distintas manifestacións da cultura popular. Todo isto no marco dunha festa cultural e musical, que fai da cultura un organismo activo e dinámico.

Unha aposta por propiciar o intercambio dende realidades culturais periféricas, pouco visibles e que non teñen cabida nos principais circuítos comerciais. Tanto Nou Barris como Cerceda non forman parte da centralidade cultural en Galiza ou en Barcelona. O que fai posible mostrar aquelas expresións culturais menos coñecidas e difundidas, as que teñen a súa orixe nos entornos culturais máis reivindicativos ou aquelas propostas artísticas máis alternativas.

A Gresca parte da formulación de ofrecer un calendario de actos diversos, de calidade e gratuítos. Unha intensa fin de semana de actividades de rúa (circo, teatro, ruadas), concertos, talleres e exposicións e conferencias.


Documentos

Ligazóns

5/5 (12 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: