Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Autonomía ou independencia

Terceira oportunidade para a fin do conflito marroquí-saharauí

O goberno de Marrocos e a Fronte Polisario inician este luns unha nova rolda de negociacións sobre o futuro do Sáhara Occidental, auspiciada pola ONU.

Redacción - 12:50 07/01/2008

O goberno de Marrocos e a Fronte Polisario teñen unha nova oportunidade, a terceira xa, para chegar a un acordo que lle poña punto e final ao conflito que manteñen polo control do Sáhara Occidental dende hai máis de tres décadas.

Segundo a portavoz da ONU Michele Montas as conversas -a porta pechada- terán lugar no complexo Greentree, na localidade neoiorquina de Manhasset, dende este luns deica a vindeira cuarta feira.

As dúas delegacións abrirán o diálogo ás 18.00 horas (medianoite na Galiza), cunha cea na residencia que foi escenario das dúas roldas anteriores, baixo mediación do enviado especial das Nacións Unidas Peter van Walsum.

Fontes diplomáticas indicaron que non se agardan avances importantes nesta rolda. Á cita tamén asistirán representantes de Alxeria e Mauritania, en calidade de países veciños. En decembro, no seu XII Congreso, a Fronte Polisario advertira de que renovará a loita armada contra Marrocos -en suspenso dende 1991- se fracasan estas conversas.

Protección da ONU fronte á "represión" marroquí
Por outra banda, o presidente da República Árabe Saharauí Democrática, Mohamed Abdelaziz, pediulle esta fin de semana á ONU que interveña para pór fin "á represión marroquí contra as poboacións saharauís" en manifestacións pacíficas.


Ligazóns

5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: