Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Despois de Telefónica, Santander e BBVA

Zara é marca "de moda" outro ano máis

Segundo unha comparativa estatal, despois da marca estrela de Amancio Ortega, a percepción no mercado destaca tamén as de El Corte Inglés, La Caixa, Banco Popular, Repsol e Mango.

Redacción - 12:45 04/01/2008
Acaba de saír a listaxe de marcas estatais mellor valoradas / Flickr: immb

Acaba de saír a listaxe de marcas estatais mellor valoradas / Flickr: immb

As grandes marcas estatais están de moda, e manteñen, cos anos, a hexemonía, por riba doutras de menor peso. O informe bianual da consultora Interbrand recolle que en 2007 estas empresas mantiveron a mesma posición que hai dous anos.

Aínda que a operadora de móbiles Movistar é a primeira na clasificación, cun valor de 12.236 millóns de euros, ("a máis valiosa", segundo Interbrand), despois dela veñen os dous grande bancos (Santander e BBVA), seguidos outra volta de Telefónica. A marca galega Zara, pertencente ao imperio Inditex de Amancio Ortega, volve ocupar a quinta posición.

A única empresa estatal na listaxe das mellor valoradas a nivel mundial
Zara tamén é a única representante estatal na listaxe das Mellores Marcas Globais, cun valor de 4.112 millóns de euros. O selo da empresa téxtil demostra a mesma forza neste último estudo que na listaxe mundial, cunha revalorización superior ao 20%.

A listaxe de empresas mellor valoradas do mundo, tamén elaborada por Interbrand, está liderado por Coca-Cola, por diante de Microsoft e IBM. A finesa Nokia é a primeira marca europea, no quinto posto.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: