Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SONDAXE REALIZADA POLA REVISTA BRANDCHANNEL A MÁIS DE 3.000 EXPERTOS

Zara é a cuarta marca europea máis influínte en internet

Só Ikea, Nokia e Skype superan a Zara como marca europea máis influínte en internet. Segundo unha sondaxe realiza pola revista Brandchannel entre máis de 3.000 expertos en márketing e novas tecnoloxías, a marca de Inditex é unha das que máis impacto causan na rede. No ranquin europeo ocupa por segundo ano consecutivo o cuarto posto e supera a nomes como Adidas, h&m, BMW, Audi, Puma ou á mesma BBC. A nivel mundial, Zara ocupa a décimo cuarta posición da lista liderada por Google, aínda que descende tres postos respecto ao ano 2005.

- 12:34 27/01/2007
Tags:

"Que marca tivo maior impacto nas nosas vidas no 2006?" Esa era a pregunta á que tiñan que responder os 3.625 profesionais consultados pola revista Brandchannel para realizar a súa enquisa sobre a influencia das marcas en internet. O estudio, que non ten en conta o valor económico da marca nin valora se o impacto é positivo ou negativo, sitúa a Google, Apple, Youtube, Wikipedia e Starbucks como líderes do ranquin mundial por esta orde. Destaca o debut na lista de Youtube e Wikipedia, "unha sinal máis da tendencia cada vez máis importante do impacto das marcas interactivas baseadas no contido producido polos usuarios" afirma Anthony Zumprano, redactor xefe da web.

Entre as principais marcas europeas, Zara é a única estatal que se sitúa nos postos de cabeza do ranquin. Real Madrid no posto 27, Chupa Chups (42), Mercadona (46) e F.C. Barcelona (57), son as únicas sociedades cuxos nomes aparecen entre os 65 primeiros. A marca de Inditex repite este ano no cuarto posto da clasificación, no 2004 foi oitava, no 2003 décimo segunda. Foi no 2002 debutou na lista no posto 34.

Ranquin europeo
1 IKEA 2 Skype 3 Nokia 4 Zara 5 adidas 6 H&M 7 BMW 8 Audi 9 BBC 9 Puma 11 Dove 12 Vodafone 13 al Jazeera 14 European Union 15 Innocent Drinks 16 Nestlé 17 Virgin 18 Volkswagen 19 Orange 20 Nespresso 21 Guinness 22 Louis Vuitton 23 Tesco 24 Mini 25 Ferrari

Ranquin mundial
1 Google 2 Apple 3 YouTube 4 Wikipedia 5 Starbucks 6 Nokia 7 Skype 8 IKEA 9 Coca-Cola 10 Toyota 11 Yahoo! 12 Sony 13 Samsung 14 Zara 15 Microsoft 16 BMW 17 adidas 18 Nike 19 al Jazeera 20 Motorola 21 Puma 22 McDonald’s 23 H&M 24 Volkswagen 25 Visa


0/5 (0 votos)