Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conflito pola independencia

China remite de volta as cartas co cuño 'Entrada de Taiwán na ONU'

O goberno chinés afirma que as autoridades taiwanesas deberán asumir responsabilidades por "violar a liberdade de comunicación dos compatriotas da illa".

Redacción - 11:20 14/11/2007

O goberno da China está a devolverlles aos seus remitentes todos os paquetes e cartas cuñadas co lema Entrada de Taiwán na ONU, segundo informaron este mércores fontes do goberno chinés.

As autoridades taiwanesas impulsaron esta medida reivindicativa non só a través da compañía de correos da illa, senón tamén coa impresión do slogan nos recibos das tendas e en cartaces na rúa. A frase vai acompañada en ocasións dunha foto do presidente Chen Xui-Bian.

"Con esta actitude (das autoridades da illa) estase a violar a liberdade de comunicación dos compatriotas da illa, e prexudícanse gravemente os intercambios de cartas entre las poboacións de ambos os dous lados do estreito de Taiwán así como a comunicación dos taiwaneses con outras partes do mundo", sinalou a voceira da Oficina de Asuntos sobre Taiwán do Consello de Estado da China (delegada do goberno), Fan Liqing.

O Partido Nacionalista, principal forza da oposición en Taiwán, cualificou a medida do presidente Chen, do Partido Democrático Progresista, como electoralista de cara as vindeiras eleccións de marzo.

Máis información no diario chinés Pobo ou no taiwanés Taiwan News Online


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: