Centos de milleiros de taivaneses saíron ás rúas de Taipei, a capital da illa, na manifestación máis importante dende que se produciu a súa independencia de facto, en 1949. O motivo, loitar contra a lei antisecesionista que aprobou o parlamento comunista da República Popular Chinesa, e que permite o uso das forzas armadas para acabar coa independencia da illa. Beixín considera a Taiván unha provincia do seu territorio. A súa posición como membro permanente do comité de seguridade das Nacións Unidas impediu ata o de agora o recoñecemento internacional dunha illa con eleccións democráticas e libre mercado, que conseguiu a súa independencia de facto nos dominios de internet, no ámbito deportivo e, loxicamente, no eido comercial.