"Taiwán é parte do sagrado territorio chinés", recolle, cunha inédita referencia relixiosa, o proxecto de lei aprobado pola asemblea popular chinesa. O documento ofrécelle á cualificada de "illa rebelde" importantes beneficios económicos se inicia o camiño da reunificación, legalizando ao tempo a invasión militar no caso de que fracasen os intentos pacíficos. O goberno Bush criticou duramente a decisión chinesa e dende Taiwán, que conta co apoio militar dos EEUU, advirten que a aprobación desa norma é "un cheque en branco para a guerra".