A partir do 1 de xaneiro, só para persoas de entre 22 e 30 anos con ingresos anuais inferiores a 22.000 euros. Ademais haberá desgravacións para os de menos de 24.000 euros.
O presidente do goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero e a ministra de Vivenda, Carme Chacón, anunciaron este martes o plan deseñado polo seu Executivo para facilitarlles aos mozos o acceso á vivenda.
A partir do 1 de xaneiro de 2008 haberá desgravacións fiscais para todos os cidadáns que vivan de alugueiro e gañen menos de 24.000 euros anuais netos (28.000 brutos), así como tamén axudas directas para mozos de entre 22 e 30 con ingresos inferiores a 22.000, que recibirán 210 euros mensuais para o pago do seu alugueiro por un período máximo de 48 meses. Ademais, estes últimos recibirán un empréstito de 600 euros para o pago da fianza.
As dúas medidas son compatíbeis e supón un custo de 436 millóns de euros no caso das axudas e un descenso de ingresos fiscais de 348 millóns de euros no da desgravación, en total 784 millóns. Estas supoñen un adianto do plan de fomento do aluguer que o goberno do Estado articulará a través unha lei.