Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Co fin de frear a corrupción urbanística

Entra en vigor a Lei do Solo

A norma, aprobada polo Congreso dos Deputados o 10 de maio, substitúe á Lei do Réxime do Solo de 1998.

Redacción - 12:42 01/07/2007

A preservación do medio ambiente e os espazos naturais, un novo réxime de valoracións do chan e novos mecanismos de transparencia e control son algúns dos puntos máis salientábeis da lei, que tamén pretende promover a participación cidadá na elaboración dos plans urbanísticos municipais. O fomento da construción de vivenda protexida e o freo á corrupción urbanística son os principais obxectivos: eleva ao 30% a cota do chan que se debe estabelecer para vivendas de protección oficial

Incide no coñecemento por parte da cidadanía das decisións de tipo urbanístico que se toman nos concellos e as súas consecuencias: obrígaos a facer pública a identidade de quen fose propietario durante cinco anos dos terreos nos que aumente a edificabilidade ou se modifique o uso. Esixe tamén que todos os convenios urbanísticos e permutas de terreos sexan acordados polo pleno municipal. Ademais, alcaldes, concelleiros e cargos non electos dos gobernos locais deben declarar, antes de tomaren posesión, as súas actividades económicas e posíbeis incompatibilidades, bens patrimoniais e participacións en sociedades.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: