Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Blogosfera educativa

As galescolas comparten as súas experiencias na rede

Catro centros participan nunha iniciativa que se vai estender ao resto das escolas do país.

Redacción - 14:10 10/09/2007

As galescolas mergúllanse na rede e contan a súa vida diaria a través dos seus blogs. As bitácoras son un servizo máis dos que se inclúen no portal Galescolas.net, onde tamén se inclúen novas e todo tipo de ferramentas de interese para as familias e o profesorado.

En principio, seleccionáronse catro galescolas que dependen directamente de Vicepresidencia para participar na experiencia. Son unha de cada provincia: Santa María de Oza, na Coruña; Nosa Señora da Purificación, de Foz; Antela, de Ourense, e Caeiro, en Vigo. As bitácoras abríronse a finais do curso pasado, coa intención de que a iniciativa se vaia implantando no resto dos centros do país.

Explican dende Vicepresidencia que esta ferramenta, que serve para compartir experiencias e facer partícipe a comunidade educativa, é unha ferramenta máis das que se inclúen no portal. As bitácoras permítenlle a cada centro facer fincapé nas súas actividades. Así, nas entradas xa publicadas podemos coñecer excursións e concertos organizados polos centros.
Ademais dos blogs dos centros, tamén están abertos ao público blogs persoais das familias e do profesorado.

Por outra banda, Galescolas.net tamén ofrece outro tipo de servizos: recursos educativos, un calendario de actividades e diversa documentación nutricional. Así mesmo, os usuarios rexistrados no portal, que dispoñen de cadansúa clave privada, poden manter un contacto directo coas crianzas e coñecer a súa evolución escolar, os horarios e o menú, entre outros detalles.


5/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: