Co obxectivo de apoiar a súa descolonización e independencia de Marrocos, e evitar unha posible guerra no país norteafricano.
A Asociación Solidariedade co Pobo Saharauí convocou unha manifestación para este sábado na Praza do Obradoiro de Compostela, entre as 11.00 horas e as 13.00 horas, con motivo da "situación de terror que se está a vivir", debido á perspectiva dun hipotético conflito armado no país norteafricano.
"Desde o último armisticio co país invasor, Marrocos, a situación da República do Sáhara Occidental está a empeorar debido ao endurecemento do estado marroquí cos cidadáns saharauís e ao recorte de axudas provinte da comunidade internacional" sinalan os convocantes.
"Talante" do goberno español
Ademais critican o "talante" do goberno español, "un dos maiores implicados neste conflito", que apoia unha autonomía saharauí dentro do Estado de Marrocos, "o que convertería ao pobo saharauí en títere e escravo do estado de Marrocos".