Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A RESERVA DE SEGURIDADE COA QUE CONTAN OS REFUXIADOS AGOTOUSE O PASADO MES DE OUTUBRO

A Media Lúa Vermella alerta dunha "gran fame inminente" no Sáhara Occidental

A Media Lúa Vermella do Sahara acaba de lanzar unha mensaxe de SOS aos gobernos da comunidade internacional e á sociedade en xeral, "solicitando axuda inmediata para os refuxiados saharauís coa fin de evitar unha gran fame extrema que pode resultar inminente". O organismo humanitario advertiu de que a saúde de milleiros de refuxiados deteriorouse alarmatemente nos últimos meses. A porcentaxe de anemia verase aumentada criticamente en nenos, en mulleres embarazadas e nas que están en periodo de lactancia, se nun prazo moi breve non chegan novas axudas.

- 10:26 18/01/2007
Tags:

A organización humanitaria agradeceu á Media Lúa Vermella de Arxelia e ao Goberno deste país e do resto dos estados donantes (o español, entre eles) as doazóns feitas durante o último período, que permitiron evitar o desenlace da dramática situación até o momento.

Porén, a reserva de seguridade da que dispoñen nos campos de refuxiados esgotouse en outubro de 2006. "As aportacións recibidas até o de agora non chegan para cubrir o mínimo das necesidades esenciais de miles de mulleres e de nenos, que dependen case por completo da axuda humanitaria internacional", segundo informa o comunicado da Media Lúa/Cruz Vermella Saharauí. O número de casos de malnutrición aumentou entre os máis novos, e "a gran fame é inminente", advirten.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: