Os presos políticos saharauís internados no Cárcere Negro de O Aaiún comezaban o pasado 30 de xaneiro unha folga de fame "ilimitada" como sinal de protesta ante o "tratamento inhumano e as duras condicións de encarceramento" de que son obxecto, segundo indicou un comunicado dos presos recibido pola axencia de prensa da Fronte Polisaria.
Ante a escasa cobertura mediática da situación do pobo saharauí, a poboación e quen apoian a súa causa utilizan para se comunicar as folgas de fame, radios alternativas, blogs e as acollidas solidarias dos seus fillos e fillas.
Máis información no Canal Solidario.