Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Preto de 60.000 civís mortos desde marzo de 2003

Camiño dos catro anos do comezo da Guerra de Iraq

A Coordinadora contra a Guerra de Pontevedra organiza este sábado (19:00 h) unha concentración de protesta na praza da Peregrina.

Redacción - 10:00 17/03/2007
En maio de 2003 Bush deu por finalizada a Guerra

En maio de 2003 Bush deu por finalizada a Guerra

O próximo martes cumpriranse catro anos desde o comezo oficial da Guerra de Iraq. Foi o 20 de marzo de 2003 cando unha coalición formada principalmente por Estados Unidos, Reino Unido, España, Italia e Australia comezou o ataque contra Bagdag coa escusa de que o réxime de Sadam Hussein posuía armas de destrución masiva.

Catro anos despois, e logo de que se proclamase o fin da guerra a mediados de maio do 2003, a situación en Iraq segue a ser todo un pesadelo para George Bush, presidente estadounidense e cabeza máis visíbel da chamada ‘foto dos Azores”. Calcúlase que desde ese 20 de marzo perderon a vida en Iraq de xeito violento preto de 60.000 civís, mentres que as vítimas mortais militares estadounidenses xa son 3.200, cifra que supera con creces os mortos causados polos ataques do 11 de setembro de 2001.

Segundo a Coordinadora pontevedresa contra a Guerra, “catro anos despois do comezo do terror en Iraq todo o que ten cambiado o ten feito a peor” e destaca a morte de “centos de milleiros de civís, a limpeza relixiosa a base de asasinatos dos laicos” ou a “desaparición dos sindicatos de clase pola man desta mesma limpeza”.

A Confederación Nacional de Traballo, que apoia a celebración da concentración deste sábado, critica que “catro anos despois a información sobre Iraq se fai desde fóra”. Neste sentido, denuncian que a “situación para o xornalismo internacional é insoportábel” e lembra que desde entón morreron no conflito preto de cen xornalistas, entre eles o galego Xosé Couso.

A concentración, que tamén lembrará o conflito de Afganistán, denunciará así a “ocupación militar de Iraq defendendo os intereses económicos das empresas estadounidenses, españolas e inglesas que se repartiron o país".


Ligazóns

4/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: