O presidente dos Estados Unidos, George W. Bush, recoñeceu este sábado que o tratamento de moitos veteranos de guerra non foi o adecuado, logo de que o Washington Post denunciara que algúns dos soldados feridos en Iraq e Afganistán recupéranse nun hospital ateigado de ratas e cocarachas. "É inaceptábel para min, é inaceptábel para o noso país e isto non seguirá así" asegurou Bush, que ve como os seus índices de popularidade baixan aínda máis por mor do escándalo.
As informacións publicadas polo Washington Post crearon unha grande conmoción entre a opinión pública e xa levaron por diante ao secretario do Exército, Francis Harvey e ao director do hospital Walter Reed, o xeneral George Weightman. Ambos foron relevados dos seus postos logo de coñecerse a noticia.
En declaracións á BBC, o secretario de Defensa, Robert Gates, asegurou sentirse decepcionado polo feito de que algúns membros do exército non fixeran nada para solucionar os problemas do hospital: "Os nosos soldados feridos e as súas familias sacrificáronse moito e merecen o mellor que podamos ofrecerlles.