Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: villar-mir

Adega exixe que non se lle prorroguen tres novas concesións a Ferroatlántica
10/Xuño/2010 /

Adega exixe que non se lle prorroguen tres novas concesións a Ferroatlántica

O Goberno en funcións de Manuel Fraga aprobounas en 2005, mais foi a Consellaría de Industria, xa no período do bipartito, que as autorizou.


22/Febreiro/2008 /

Os traballadores de Serrabal e Ferroatlántica acampan diante da Xunta

Van estar deica o 9 de marzo, demandando unha solución ao paso da liña do Tren de Alta Velocidade pola mina.


18/Decembro/2007 /

"Dioxina" para Villar Mir e alcalde de Cervo polo "desprezo ao patrimonio natural"

O outro galardón, o "Osíxeno", co que Adega peneira entre os mellores comportamentos ambientais, destaca o labor do xeólogo Xoán Ramón Vidal Romaní.


30/Outubro/2007 /

Máis presión de Villar Mir malia que só un 5% da mina será afectado

O grupo empresarial insiste na ameaza de renunciar ao proxecto solar previsto.


17/Xullo/2007 /

A FEG reclama a protección da Devesa de Anllares e a restauración da bacía do Xallas ante máis encoros.

A FEG amosa novamente o seu desacordo coa decisión da Consellería de Industria de autorizar a construcción dun novo aproveitamento hidroeléctrico no río Xallas, tal e como fixo anterioremente no mes de xullo de 2006, cando presentou alegacións ao aproveitamento integral de catro proxectos neste rio. A FEG denuncia que non recibiu resposta as súas alegacións presentadas ante a Consellería de Medio Ambiente, con data de 21 de xullo, calificando o silencio administrativo do “goberno do cambio” coma un retroceso con respecto aos últimos anos do goberno Fraga na que polo menos sí existían repostas ás alegacións.


15/Xullo/2007 /

Basta xa de agresións ao río Xallas!

 ADEGA rexeita a recente concesión por parte da Xunta da central de Novo Castrelo e os tres novos aproveitamentos hidroeléctricos no Xallas, solicitados por Ferroatlántica. Deste xeito van ser 8 centrais máis 4encoros para un treito de 9 km de río. Alén dos impactos no medio, quer na devesa de Anllares, e as sinerxias con outras instalacións (tendidos eléctricos, parques eólicos...), non é ético nen socialmente xusto enaxenar un río a unha empresa privada. De qué valeu entón apobar unha ILP en defensa dos nosos ríos?.


12/Xullo/2007 /

Ampliación do Salto de Novo Castrelo: certificando o estrago dun río

Este verán escuro para o medioambiente galego, no que a "legalización" inxustificábel da canteira de A Campa no Courel , a aprobación no Consello de Goberno do Plano Acuícola e a autorización da masacre de pombiños na Illa da Toxa marcan unha nefasta deriva nas políticas ambientais do goberno bipartito ven de sumar unha nova desfeita ao ronsel: A Xunta autoriza a ampliación  do aproveitamento hidroeléctrico de Novo Castrelo desprezando as alegacións presentadas e certifica a agonía do río Xallas.