Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Sen resposta ás alegacións presentadas fai un ano.

A FEG reclama a protección da Devesa de Anllares e a restauración da bacía do Xallas ante máis encoros.

A FEG amosa novamente o seu desacordo coa decisión da Consellería de Industria de autorizar a construcción dun novo aproveitamento hidroeléctrico no río Xallas, tal e como fixo anterioremente no mes de xullo de 2006, cando presentou alegacións ao aproveitamento integral de catro proxectos neste rio. A FEG denuncia que non recibiu resposta as súas alegacións presentadas ante a Consellería de Medio Ambiente, con data de 21 de xullo, calificando o silencio administrativo do “goberno do cambio” coma un retroceso con respecto aos últimos anos do goberno Fraga na que polo menos sí existían repostas ás alegacións.

FEG - 15:50 17/07/2007

A FEG pregúntase cáles deben ser os criterios de planificación territorial e protección que se seguen, pois ao mesmo tempo que se autoriza esta concesión hidroeléctrica, a Consellería de Medio Ambiente inclúe a Devesa do Anllares e este treito do Xallas na proposta de ampliación da Rede Natura 2000.

A bacía do Xallas é o río da Confederación Hidrográfica Galicia Costa que soporta unha maior explotación hidroeléctrica, e o que se pretende agora e encadear salto tras salto sen deixar apenas treitos que manteñan a súas características naturais. Destacar o feito do grande disparate histórico, e que agora cumpre vinte anos, da mutilación da fervenza do Ézaro polo mesmo motivo e grupo empresarial.

A FEG considera que detrás da decisión de Industria pode agocharse un apaño con Villar Mir para desbloquear e recompensar a situación da mina de Serrabal e o paso do AVE, rescatando unha petición de Ferroatlantica ao goberno Fraga no ano 2000 pola que a empresa estaba disposta a abrir as comportas para encher os domingos estivais a Fervenza a cambio da concesión do aproveitamento integral do Xallas. Foi no ano 2006, cando a raíz do problema do AVE fronte a Pico Sacro abriuse, novamente, a posibilidade de conceder este aproveitamento integral, e non mediado un mes de que fora aprobada no Parlamento de Galicia a ILP pola defensa dos ríos saian publicados no DOGA do 22 de maio tres dos catro proxectos contemplados inicialmente.

Dende a FEG destacamos a importancia ambiental e paisaxística do últimno treito ben conservado do Xallas e a súa devesa de Anllares, bosque moi necesitado de atención e de medidas de xestión de conservación, unha das últimas masas forestais do litoral galego, e a máis occidental de Europa, e que reproducen os orixinais bosques atlánticos europeos, xa moi escasos en toda Europa e do que sobresaen as Fragas do Eume e algúns do litoral das illas irlandesas. Neste treito do río Xallas obsérvase a presencia de mexilón de río (Margaritifera margaritifera).

Dada a situación e a resolución de Industria, a FEG vai interpoñer unha queixa ante o Valedor do Pobo polo silencio administrativo de non terse dado resposta ás alegacións presentadas fai susto un ano; e unha pregunta, á Dirección Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea para que solicite ao goberno de España que medidas de conservación e xestión dispón para a protección das poboacións de mexilón de río máis occidentais de Europa, precisamente no Xallas, e se está ao tanto da situación que soporta este río con respecto ao sobreexplotación do seu caudal e as poboacións do mexilón de río, así como a ilegalidade que se produce na modulación interesada na desembocadura do río, ao non respetarse dende o último encoro ata a desembocadura na Fervenza do caudal ecolóxico e non liberar a auga de xeito paulatino tal e como explicita a normativa.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: