Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: sentenza

Feijoo: "A única nación que hai en España é España"
29/Xuño/2010 /

Feijoo: "A única nación que hai en España é España"

O presidente da Xunta di que planea esta lexislatura unha reforma "constitucional" do Estatuto. O PSdeG evita falar do termo nación e o BNG di que o TC non o rexeita.


O Estatut de Cataluña xa é de "nación" mais dentro da "indisolúbel unidade de España". Na imaxe, María Emilia Casas
28/Xuño/2010 /

O Estatut de Cataluña xa é de "nación" mais dentro da "indisolúbel unidade de España"

O Tribunal Constitucional aproba logo de tres anos e medio de deliberacións a sentenza por seis votos a catro.


31/Maio/2010 /

O Tribunal Supremo condena a catro anos de cadea a dous independentistas

Eleva a pena imposta anteriormente pola Audiencia Nacional e considera probado que Santiago Vigo e Sánchez Gorgas pretendían atentar contra unha inmobiliaria.


28/Maio/2010 /

Condenados a ano e medio de cadea dous folguistas do metal

O xuíz tamén lles impón multas por lesións e danos. Mentres, xunto con outros 11 acusados, foron absoltos do delito de desorde pública.


21/Maio/2010 /

O propietario dun foro en internet non é responsábel das opinións de terceiros

O Tribunal Supremo aceptou o recurso interposto pola empresa propietaria de 'Quejasonline', que fora condenada en primeira instancia.


AVT e DyJ renuncian a recorrer a sentenza do caso 'Egunkaria'
30/Abril/2010 /

AVT e DyJ renuncian a recorrer a sentenza do caso 'Egunkaria'

Con esta decisión -logo de asumiren que perderían tamén no Supremo-, a absolución dos cinco ex directivos tórnase firme e definitiva.


Absoltos os directivos de 'Egunkaria' acusados de pertencer a ETA
12/Abril/2010 /

Absoltos os directivos de 'Egunkaria' acusados de pertencer a ETA

O fallo que exime de culpa a Martxelo Otamendi, Iñaki Uria, Joan Mari Torrealdai, Txema Auzimendi e Xabier Oleaga coñeceuse este luns pouco despois do mediodía.


10/Abril/2010 /

O alcalde de Portas, condenado a un ano de inhabilitación

A sentenza considera a Roberto Vázquez Souto (PPdeG) autor dun delito de negociacións prohibidas aos funcionarios.


30/Marzo/2010 /

Unha sentenza pon en cuestión as patentes de xenes humanos

Un tribunal estadounidense anulou os dereitos que unha empresa pretendía exercer sobre os xenes do cancro de mama e de ovario.


14/Marzo/2010 /

Unha sentenza "legaliza" as redes P2P no Estado Español

Un xuíz de Barcelona desestimou unha demanda presentada pola SGAE contra "El rincón de Jesús" ao considerar que o sitio non vulnera a lei.


1/Decembro/2009 /

Un ano de cadea por publicar nunha rede social fotos da ex-moza espida

O acusado, de 26 anos, fixo públicas as imaxes "movido polo despeito". Non se poderá achegar á muller durante dous anos.


17/Novembro/2009 /

O Tribunal Supremo desbota que os pais decidan a lingua de ensino

Rexeita o recurso presentado por unha familia viguesa que exixía que o seu fillo recibise clases en español.


4/Novembro/2009 /

Facer copias de seguridade de videoxogos non é delito

Un xulgado catalán absolve o titular dunha tenda de material informático que fixera copias de xogos "para o seu propio uso".


O neto de Stalin perde a demanda por difamación
14/Outubro/2009 /

O neto de Stalin perde a demanda por difamación

"O que debería ocorrer, ocorreu. É unha decisión baseada na lei", dixo o autor do artigo no 'Novaya Gazeta' que provocou a denuncia.


22/Setembro/2009 /

Os tribunais anulan o proxecto de urbanización nas costas do Parque Rosalía

O goberno municipal adiantou que presentará un recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza ao entender que a sentenza incorre nun "erro grave".


24/Xullo/2009 /

Os concellos poderán levar parte dos ingresos do comercio electrónico

Unha sentenza do Tribunal Supremo outórgalles aos gobernos locais a posibilidade de aplicarlles unha taxa a todos os negocios que usen infraestruturas de telecomunicacións.


14/Xullo/2009 /

O Supremo confirma a sentenza contra Ugio Caamanho e Giana Rodrigues

A Audiencia Nacional condenáraos pola colocación dun explosivo nun caixeiro automático de Compostela en 2005.


28/Marzo/2009 /

Gato aposta por crear un novo partido trala sentenza que o expulsa de Terra Galega

O ex alcalde de Narón di que non recorrerá a decisión xudicial que lle dá a razón a Pablo Padín.


Contido dun libro de texto de Educación para a Cidadanía
28/Xaneiro/2009 /

O Tribunal Supremo ampara Educación para a Cidadanía

Conclúe que os decretos que regulamentan esta materia non lesionan o dereito dos pais a elixir a libre educación dos fillos.


28/Xaneiro/2009 /

Unha sentenza recoñece a relación laboral a un inmigrante irregular

O demandante consegue así legalizar a súa situación ademais de cobrar a diferencia entre o seu salario e o que lle correspondería de ter contrato.