Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: psc

1/Maio/2010 /

Coas eleccións catalás á vista, tensa relación do PSC co PSOE

O conselleiro de Economía da Generalitat lanza reproches a Zapatero e recorda a reivindicación do PSC dun grupo propio no Congreso.


24/Marzo/2010 /

Outra sondaxe prognostica que CiU varrerá nas eleccións catalás

Desta volta é a enquisa de El Periódico a que prevé un ascenso de entre 13 e 15 escanos para a formación liderada por Artur Mas, perto da maioría absoluta.


O PPdeG 'acusa' o PSdeG de se sentir "tan cómodo como o BNG" cun "Estatuto de nación" para Galiza
30/Novembro/2009 /

O PPdeG 'acusa' o PSdeG de se sentir "tan cómodo como o BNG" cun "Estatuto de nación" para Galiza

Núñez Feijoo cre que "lamentabelmente" Cataluña xa non é referente de autogoberno responsábel para os galegos.


19/Agosto/2009 /

ERC desafía o PSC a retirar os deputados no Congreso para presionar en favor do Estatut

Joan Tardá, deputado de Esquerra no Congreso, propón unha "retirada transitoria" de todos os deputados cataláns en Madrid.


21/Abril/2009 /

O PSC fai presión sobre o PSOE e advírtelle sobre a "estabilidade" en Madrid

O presidente da Generalitat, José Montilla, e mais o voceiro do PSC, Miquel Iceta, expuxeron cadansúa advertencia sobre a "relación" en xogo.


15/Decembro/2008 /

PSC ao PSOE: "Ou hai pacto de financiamento ou mudamos as relacións"

"As relacións non serán como antes", advertiu Mikel Iceta, voceiro dos socialistas cataláns, nunha medida de presión aprobada por unanimidade.


27/Novembro/2008 /

Maragall propón un referendo e unha gran manifestación nacional se o Constitucional cuestiona o Estatut

Para o ex presidente da Generalitat, un texto ratificado nas urnas polos cidadáns "non se poden tocar". Artur Mas propón un goberno de concentración.


20/Outubro/2008 /

Duran i Lleida aposta polo pacto CiU-PSC

O líder de Unió receitou para Cataluña un pacto "socioverxente", no 24º congreso do seu partido, que o reelixiu co 91% dos votos.


13/Agosto/2008 /

A blogosfera do PSC arde: "Hai xestos que nos sitúan como unha colonia espoliada"

Os militantes socialistas cataláns esixen que se cumpran o Estatut, apoian a firmeza de Montilla e ameazan a Zapatero con retirarlle o seu apoio.


11/Agosto/2008 /

O PSC avisa de que os seus deputados afondarán no "perfil propio" no Congreso

O secretario xeral do PSdeG, Emilio Pérez Touriño, avalía que os socialistas cataláns están tensando "as costuras do Estado".


10/Agosto/2008 /

O PSC ameaza co veto aos orzamentos do Estado se o PSOE frea a negociación bilateral

Un aviso indirecto que os socialistas cataláns puxeron na mesa o mesmo día no que se cumpría sen éxito o prazo fixado polo Estatut para a revisión do financiamento da Generalitat.



José Montilla e Celestino Corbacho
19/Xuño/2008 /

Voz propia en Madrid, autodeterminación e federalismo, a debate no congreso do PSC

Os socialistas cataláns presentaron as emendas que deberán se analizadas e votadas na xuntanza nacional de mediados de xullo.