Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Cataluña

Voz propia en Madrid, autodeterminación e federalismo, a debate no congreso do PSC

Os socialistas cataláns presentaron as emendas que deberán se analizadas e votadas na xuntanza nacional de mediados de xullo.

Redacción - 12:50 19/06/2008

O PSC remitiu esta quinta feira á súa militancia as 4.830 emendas que se debaterán no congreso que os socialistas cataláns organizará a mediados de xullo, a partir dun relatorio que, baixo o título A forza do socialismo catalanista e federal, aposta por converter ao PSC no eixo vertebrador da sociedade catalá.

Agrupacións territoriais como as de Xirona, Santa Coloma de Farners e Reus piden ter "voz propia en Madrid" e mesmo acordar xa co PSOE, sen agardar ao comezo dunha nova lexislatura, o ter unha representación diferenciada no parlamento español. Esta é unha demanda clásica nos congresos do PSC, mais nesta ocasión o debate será máis intenso dado que hai dúas emendas -unha delas, redactada en castelán- que rexeitan esta opción.

No entanto, salientan entre as propostas a debater outras relacionadas máis directamente coa organización territorial das nacións e rexións que compoñen actualmente o Estado Español, e que afondan no carácter catalanista e federal do PSC.

Dereito de autodeterminación
Unha destas emendas, presentada pola agrupación de Vilanova i la Geltrú, reclama o recoñecemento do dereito de autodeterminación: "Como non podería ser doutro xeito, chegado o caso de que unha maioría de cataláns e catalás o decidisen", o PSC aceptará "o exercicio do dereito de autodeterminación, entendido como a capacidade de decidir o nivel de autogoberno que colectivamente queira ter e a forma de relación co resto de España".

Tamén agrupacións como a de Xirona apuntan neste senso, e piden unha reforma constitucional que recoñeza "a plurinacionalidade do Estado Español, unha organización adecuada ao seu carácter federal, o recoñecemento das linguas nacionais como linguas plenamente oficiais e avanzar na reforma do Senado". E as mocidades do partido, Joventut Socialista, solicitan que se incorpore "á Carta Magna española os últimos adiantos do estado das autonomías nun sentido federal".


Ligazóns

4,8/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: