26/Febreiro/2010 /
O Xulgado de Instrucción nº3 de Vigo vén de admitir a trámite a denuncia apresentada por Verdegaia no mes de outubro de 2009 contra a Dirección do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, por un delito contra os recursos naturais e o medio ambiente e por un delito relativo á protección da fauna e da flora, polas obras de construcción da pasarela de Punta Muxieiro, no arquipélago de Cíes e dentro do Parque Nacional.
25/Novembro/2009 /
Os veciños do Parque Natural anuncian manifestacións contra as sentenzas de derrubo dalgunhas das súas casas. Este martes iniciáronse as demolicións.
12/Setembro/2007 /
Medio Ambiente anunciou que Tambo e as Sisargas tamén formarán parte do Parque Nacional.
20/Xullo/2007 /
O día 19 de xullo dou comezo a campaña de erradicación de herba do coitelo cunha actividade divulgativa que se desenrolou no Campo de traballo das Illas Cíes, e que terá continuidade nunha actuación de erradicación na Illa de Sálvora os vindeiros días 15 e 16 de setembro. Ambalasdúas actividades estarán coorganizadas co Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.