Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Illas Atlánticas

Protesta pirata a prol do uso público de Toralla

Medio Ambiente anunciou que Tambo e as Sisargas tamén formarán parte do Parque Nacional.

Redacción - 12:50 12/09/2007

Unhas trescentas persoas reconquistaron o sábado a illa de Toralla, en Vigo, para reclamar o seu uso público e denunciar as consecuencias da especulación urbanística, que está a estragar o patrimonio natural e histórico. A festiva protesta ao estilo pirata rematou coa chegada de tres furgóns de antidisturbios.



Por outra banda, a Consellaría de Medio Ambiente anunciou a próxima incorporación de máis terreos ao Parque Nacional das Illas Atlánticas: a illa de Tambo, situada no interior da ría de Pontevedra e propiedade do estado español, e o arquipélago das Sisargas, ao norte de Malpica, de titularidade privada. Así o anunciou no Parlamento o titular do departamento, Manuel Vázquez.

O conselleiro confía en que o parque, que depende do Ministerio de Medio Ambiente, se transfira á Xunta a finais de ano. O martes, Adega anunciou que lle solicitaría á consellaría a incorporación das Sisargas ao parque, por formaren unha unidade co resto das illas.


Ligazóns

5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: