Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: no-lombo-do-atlantico

1/Decembro/2008 /

As letras que caeron na rede

Xa podedes descargar en .pdf o libro que recolle os doce relatos inéditos co mar como protagonista escritos este verán polos nosos autores.


29/Novembro/2008 /

Velaquí os contos escritos con sal

Suso de Toro e Xosé Vázquez Pintor protagonizaron presentación do libro que recolle os relatos publicados este verán, co apoio da Consellaría de Pesca.


3/Outubro/2008 /

No lombo do Atlántico atraca no peirao

Nos vindeiros días publicaremos un libro en formato PDF con todos os relatos que poderedes descargar nos vosos computadores.


29/Agosto/2008 /

De mares pequenos e grandes da man de Xabier Paz

O relato deste venres tráenos refachos dunha infancia a pé de mar por terras da Mariña luguesa.


22/Agosto/2008 /

Rexina Vega sobe No lombo do Atlántico

A autora viguesa publica en Vieiros “Guindastres” ou a visión do mar imposíbel.


8/Agosto/2008 /

Temón a Terranova con Xurxo Souto

A viaxe atlántica desta fin de semana chega con agasallo extra. Na voz dun mariñeiro, aquí poden escoitar a peza que inspirou o relato.


1/Agosto/2008 /

De Ares á Habana, navegamos da man de Neira Vilas

Cruzamos o Atlántico guiados polo temón narrativo dun dos autores máis lidos da nosa literatura. Neira Vilas agasállanos co conto que leva por título "Eu son home de mar".


25/Xullo/2008 /

No tobogán do tempo, viaxamos á ría de Vigo con Marta Dacosta

Dunha beira á outra do país, convidados pola escritora viguesa, partimos esta semana ás rías Baixas.


18/Xullo/2008 /

Luisa Castro convídanos a visitar o mar de Llas

A terras de Foz viaxamos este venres, a onde nos leva a escritora Luisa Castro.


11/Xullo/2008 /

'No lombo do Atlántico' bordea as terras nerias

O poeta Alexandre Nerium ofrecénos esta semana en exclusiva unha das súas primeiras incursións no xénero narrativo.