Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
'NO LOMBO DO ATLÁNTICO'

As letras que caeron na rede

Xa podedes descargar en .pdf o libro que recolle os doce relatos inéditos co mar como protagonista escritos este verán polos nosos autores.

Redacción - 10:24 01/12/2008

"Para un verán de argazos, barcas novas mandamos labrar..." Vieiros quixo que nestre verán os nosos autores mirasen cara ao mar, o mesmo mar que nos conecta co mundo, o mesmo mar que defendimos durante a catástrofe do Prestige, "Os galegos sempre falamos da terra, e hoxendía cando falamos da terra todos temos na cabeza tamén o mar", dixo Suso de Toro.

No libro podedes atopar relatos de Alexandre Nerium, Luísa Castro, Marta Dacosta, Xosé Neira Vilas, Xurxo Souto, Pilar Beiro, Rexina Vega, Xabier Paz, Francisco Fernández Naval, Xosé Vázquez Pintor, Agustín Fernández Paz ou o propio Suso de Toro, que presentou o libro, xunto á conselleira de Pesca Carme Gallego.

Con esta iniciativa a literatura galega cumpre un chisco a débeda que mantén co mar, como recordaba a pasada semana Xosé Vázquez Pintor, co seu rico léxico e toponimia. O barco chegou a porto, nós tamén navegar. Velaquí tedes o que caeu nas redes.

Descarga aquí o PDF de No Lombo do Atlántico


4,95/5 (21 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: