Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: kalandraka

15/Maio/2010 /

Literatura solidaria: Milú, un libro para nenos de Manuel Rivas

A Fundación Meniños e a Editorial Kalandraka colaboran na edición deste conto que reflicte a situación dos nenos en situación de desvantaxe social.


25/Marzo/2010 /

Pegada galega na cita internacional co mellor do libro infantil

Dezasete editoriais do país no evento, entre elas OQO, na lista do mellor de 2010 con 'O último canto' e presentando proxecto audiovisual, e Kalandraka, co Premio Compostela.


7/Decembro/2009 /

Kalandraka desembarca cun monllo de soños en Brasil

A editorial dá un novo paso para internacionalizar a súa actividade, chegando a un acordo coa editora Callis.


1/Setembro/2008 /

Kalandraka e Faktoría K presentan as súas obras na China

Xa no mes de xullo, os autores de Avós, Chema Heras e Rosa Osuna, promocionaron o libro no Xapón.


5/Xuño/2008 /

Kalandraka conta a historia do 'Rainbow Warrior'

A editorial presentou na sede de Greenpeace o libro no que relata, en galego, castelán en portugués, as fazañas do barco da organización ecoloxista.


28/Marzo/2008 /

Dúas obras de OQO e Kalandraka, entre os mellores libros infantís do ano

Trátase de 'Ovos duros', adaptada por Marisa Núñez e ilustrada pola portuguesa Teresa Lima; e 'O sorriso de Daniela', de Carmen Gil, con imaxes de Rebeca Luciani.


25/Marzo/2008 /

Vinte editoriais amosarán a nosa literatura infantil en Boloña

Arxentina será o país convidado na feira máis importante de Europa das dedicadas aos libros dirixidos a pícaros e mozos.


8/Outubro/2007 /

Kalandraka premia os mellores álbums ilustrados

Este luns, o departamento de Educación do Concello de Santiago e a editorial presentaron oficialmente a convocatoria deste certame pioneiro en Galiza, o I Premio Internacional Compostela.


3/Outubro/2007 /

Kalandraka e Faktoría K gañan os premios estatais de edición

O ministro de Cultura, César Antonio Molina, entregoulles os Premios Nacionais de Edición ás editoriais galegas Kalandraka e Factoría K.


Un dos debuxos de Kalandraka
26/Marzo/2007 /

Un mes para aprender do goce dos libros

O Departamento de Educación e Mocidade do Concello de Santiago e a editorial Kalandraka poñen en marcha un ano máis a Campaña de Animación á Lectura, na Galería Sargadelos do 26 de marzo ao 5 de maio. Co lema “Ler: unha aventura diferente”, o programa de actividades inclúe sesións de contacontos, obradoiros de ilustración e de banda deseñada, exposicións, actividades nas librerías da cidade e sesións para as familias.