Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
LIBRO INFANTIL

Kalandraka desembarca cun monllo de soños en Brasil

A editorial dá un novo paso para internacionalizar a súa actividade, chegando a un acordo coa editora Callis.

Redacción - 13:09 07/12/2009

A editorial galega Kalandraka dá un novo paso no traballo de internacionalizar a súa actividade. A empresa pontevedresa asinou esta fin de semana un acordo coa editorial brasileira Callis para crear o selo Kalandraka Brasil. A nova firma arela converterse nun dos principais referentes da lectura infantil neste país. Así, ao longo do ano vindeiro prevé editar dez títulos. Callis Editora xa adquirira no seu día os dereitos para a traducción e publicación de varios álbums en Brasil.

O convenio asinárono representantes das dúas editoras no marco da Feira Internacional do Libro de Guadalaxara (México). Dende a empresa galega subliñan que coa chegada a Brasil, Kalandraka “avanza na súa proxección internacional e  reforza o seu proxecto editorial plurilingüístico”. Tamén salientan o interese de afondar na relación cos países lusófonos.

A editora, que comezou a funcionar en 1998 como selo en lingua galega, foise abrindo axiña ás demais linguas do Estado Español (castelán, euskera e catalán). En 2002 botou a andar o selo Kalandraka Portugal. En 2007, a iniciativa chegou a México e Italia por medio das firmas Libros para Soñar e Kalandraka Italia.


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: