Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: igrexa

Por Rosalía e polo Panteón
15/Xullo/2010 /

Por Rosalía e polo Panteón

A AELG organiza este xoves un acto cívico e reivindicativo en lembranza do traslado dos restos mortais da poeta e para pedir o acceso público ao templo onde descansa.


23/Xuño/2010 /

Os escritores do país reivindicarán que se garanta o acceso ao Panteón dos Galegos Ilustres cunha marcha en tren

O BNG reclama no Parlamento que o Goberno "garanta os seus usos civís e que sexa de titularidade pública".


19/Xuño/2010 /

A herexía do Medo e do Dogmatismo

Noutro artigo deste mesmo número en papel da revista Irimia recollemos a testemuña do frade franciscano vasco José Arregui, de Aránzazu,  a quen o recentemente nomeado bispo Munilla –o victorioso candidato de Rouco para “reconducir” aquela diocese á ortodoxia neoconservadora- pretendeu silenciar para sempre ou “destinar” a América.


9/Maio/2010 /

A igrexa católica francesa busca novos curas no Facebook

Coa campaña, pretende atraer novas vocacións ao sacerdocio entre a xente nova e mellorar a imaxe dunha relixión devaluada polos escándalos de pederastial.


16/Abril/2010 /

A “campaña”

Cando a animalada do 11-S moitos americanos facían a pregunta máis terrible: “por que nos odian tanto?” Veume isto á cabeza polo da “campaña”. Medios católicos e bispos falan de que, ao fío do escándalo dos abusos sexuais, está desenvolvéndose unha “campaña difamatoria de corte anticlerical”.


16/Abril/2010 /

Os inimigos na aldea global

Durante a maior parte da historia vivimos en aldeas e vilas nas que as aparencias eran fundamentais na convivencia diaria. Moito máis grave que facer algo mal era a súa publicidade. Avanzoullo o César á súa muller: “Non é cuestión de ser honesta, senón de parecelo”. E continuouno, moito tempo despois, Jean Paul Sartre: “O inferno son os outros”.


O arcebispo de Santiago dálle ao Papa o seu "apoio incondicional" ante o "forte temporal antieclesial e anticlerical"
4/Abril/2010 /

O arcebispo de Santiago dálle ao Papa o seu "apoio incondicional" ante o "forte temporal antieclesial e anticlerical"

O predicador da Casa Pontificia, Raniero Cantalamessa, pide perdón por comparar os "ataques" que está a sufrir Bieito XVI co antisemitismo.


Polémica pola vinculación dos “ataques” a Joseph Ratzinger e o antisemitismo
3/Abril/2010 /

Polémica pola vinculación dos “ataques” a Joseph Ratzinger e o antisemitismo

A Oficina de Prensa da Santa Sé matiza as palabras do predicador da Casa Pontificia, Raniero Cantalamessa, durante o seu discurso de Venres Santo.


9/Marzo/2010 /

A visita galega ao Vaticano, exemplo de confusión Igrexa-Estado

A corrente cristiá Somos Igrexa denuncia a "laxa interpretación do concepto de Estado aconfesional" e dubida que a visita do Papa no outono sirva de algo.


8/Marzo/2010 /

"Xesús mandou os apóstolos descalzos e ao Papa recíbeno como a un xefe de Estado"

José María Castillo é  un dos grandes da teoloxía en España e no mundo. É un teólogo que sabe combinar á perfección o ensaio profundo e a divulgación. Por iso se converteu nun teólogo de referencia. Hai uns anos deixou a Compañía de Xesús. É un teólogo, como todos os que están en fronteira, perseguido por Doutrina da Fe (con varios mónitums contra el), pero que segue na brecha. Por exemplo, co seu novo ensaio editado por Trota: A humanización de Deus.

A versión orixinal desta entrevista podedes atopala en Religión Digital, de onde foi tomada e traducida.


28/Xaneiro/2010 /

A Igrexa releva o bispo de Tui-Vigo imputado na trama de axudas da Consellaría de Cultura

O dezao Luis Quinteiro Fiuza, até agora bispo de Ourense, substitúe a Xosé Diéiguez, que renunciou ao cargo.


19/Xaneiro/2010 /

Cregos galegos maniféstanse a prol da lingua e censuran o silencio dos bispos

O Foro "Bispo Araúxo" oponse ao novo decreto sobre o galego no ensino e recorda que o Concilio Pastoral de Galicia insta á promoción da lingua.


29/Decembro/2009 /

A Coordenadora de Crentes Galegos amósase a prol da retirada de crucifixos das escolas

A plataforma, que agrupa a asociacións católicas de base, pensa que é lóxica a supresión dos símbolos relixiosos.


17/Novembro/2009 /

Os órganos históricos, patrimonio esquecido

Un plan cataloga os instrumentos de tubo de catedrais e mosteiros, que se atopan en mal estado polo abandono e as intervencións desacertadas.


12/Xuño/2009 /

Milleiros marchan en Dublín en apoio ás vítimas de abuso infantil a mans de relixiosos

A recente investigación que revelou 70 anos de graves abusos a menores irlandeses está na orixe da mobilización convocada pola asociación SOIAI.


26/Maio/2009 /

A Igrexa quere que o BNG celebre o Día da Patria fóra da Quintana

O deán da catedral de Santiago sinalou que “hai lugares alternativos” para o acto de reivindicación nacional.


4/Maio/2009 /

A Igrexa de Base defende o "decrecemento solidario" como alternativa á crise

Acordaron comezar unha campaña para apoiar as alternativas de soberanía alimentaria e os proxectos de consumo responsábel e consciente dende e para Galiza.


9/Marzo/2009 /

O Vaticano di que a lavadora liberou á muller

A súa revista oficial rendeu unha homenaxe a este electrodoméstico no Día Internacional da Muller, destacando o papel desta máquina na emancipación feminina.


4/Febreiro/2009 /

Os bispos tamén entran na precampaña

Os cinco xerarcas da Igrexa do país animan a votar en “harmonía” co Evanxeo.


24/Novembro/2008 /

Rouco Varela chama ao esquecemento e a deixar as foxas como están

Na Asemblea da Conferencia Episcopal situose contra as accións de recuperación da memoria histórica e falou de olvidar "cunha vontade de reconciliación".