A forza opositora ao réxime, a Liga Nacional para a Democracia, afirma que unha persoa morreu e outras sete resultaron feridas. China veta na ONU a imposición de sancións.
Varios relixiosos faleceron a causa das cargas levadas a cabo polas forzas de seguridade contra os manifestantes nas rúas de Rangún.