Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: biomasa

1/Xullo/2010 /

Recurso contra a autorización a ENCE para a planta de biomasa

A plataforma veciñal desafía o PP local a unirse á decisión e recorrer o proxecto para demostrarse está realmente pola fin do complexo pasteiro.


26/Maio/2010 /

Industria xa ten resoltas as concesións das centrais de biomasa

O dixital Galicia Confidencial adianta o nome das empresas beneficiadas pola resolución.


30/Xaneiro/2008 /

ADEGA esixe garantir a sustentabilidade ambiental do aproveitamento da biomasa

Perante o recente anuncio das consellerías do Medio Rural e Industria de promover a construcción de novas centrais de biomasa en Galiza dentro do Plano de Aproveitamento da Biomasa Forestal Residual, ADEGA quere expresar a súa preocupación polo protagonismo do aproveitamento enerxético fronte á compostaxe. As plantas enerxéticas de biomasa poden ser unha alternativa máis para tratar os materiais provintes dunha xestión forestal integral, mais non a única. Recuperar a materia orgánica para contribuir a diminuir a perda de fertilidade dos nosos solos mediante a compostaxe debería ser unha prioridade.


24/Xaneiro/2008 /

Un total de 7 plantas de biomasa subministrarán enerxía a Galiza en dous anos

Está previsto un investimento de 133 millóns, dous deles por parte da Consellaría de Medio Rural


Copasa
17/Abril/2007 /

Eléctricas e construtoras pugnan polo negocio das enerxías renovábeis

Ofrecen á Xunta investimentos de 1.700 millóns en só dous anos, a cambio de concesións para parques eólicos, solares, de biomasa e de biocombustíbeis.


3/Abril/2007 /

O Goberno apoia a planta que elaborará combustíbel a partir de biomasa

Galiza vai contar coa primeira planta de produción combinada de enerxía eléctrica e biocarburante do mundo. Touriño apoia a iniciativa.