Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DESPOIS DA PRESENTACIÓN DE FEIJOO

O novo hospital de Lugo, até o de agora só publicidade

Os socialistas denuncian que o deseño e prazos do que será o último centro hospitalario con financiamento totalmente público seguen sen concretarse.

Redacción - 12:00 30/06/2010

“A presentación pública do hospital de Lugo por Alberto Núñez Feijoo non resolveu ningunha das inquietudes dos lugueses”. Así falou o secretario da área de Sanidade do PSdeG, Miguel Anxo Fernández, despois de que o propio presidente da Xunta censurase unha publicidade publicada polos socialistas nos medios locais chamando a atención sobre esta falta de concreción. En resposta, Fernández apuntou que a publicidade pagada polo Goberno e aparecida na pasada fin de semana nos xornais tivo un custe de preto de 30 mil euros.

O PSdeG cualificou a presentación do novo hospital, o último que contará con financiamento totalmente público en Galiza, como “unha tomadura de pelo” e criticou que a día de hoxe non se coñeza aínda a data de apertura e se contará coas áreas de hemodinámica, radioterapia ou medicina nuclear. Tamén recriminou que os profesionais sanitarios aínda non fosen informados destes detalles e que non se ofrecesen datos sobre o número de persoas que comporán o cadro de persoal do novo centro. Finalmente, Fernández asegura que o acto de presentación foi “unha auténtica posta en escena, unha burla e un teatro”.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: