Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
"Non é un tema menor", di Sanidade

PSOE e PP de Lugo enlean polo nome do novo hospital, sen prazo de apertura

O alcalde Orozco apuntou o do médico represaliado Rafael de Vega. Os populares critícano e contrarrestan con algúns de temática relixiosa.

Redacción - 13:30 06/07/2009
Rafael de Vega

Rafael de Vega

A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, acudía o pasado 23 de xuño á presentación do novo xerente de Atención Primaria en Lugo. Lonxe de fixar unha data para a posta en funcionamento do novo hospital -limitouse a dicir que "entre 2009 e 2010 estará en marcha"- insistiu na importancia do seu futuro nome. "Non é un tema menor", dixo.

Neste senso, reclamou a implicación da sociedade lucense neste labor, dende organizacións colexiais a empresarios e sindicatos, pasando por asociacións veciñais e o Concello e a Deputación. O alcalde do PSOE, Xosé Clemente López Orozco, pronunciouse a semana pasada e propuxo o nome de Rafael de Vega Barrera, o médico que proclamou a República en Lugo e foi fusilado polos golpistas en outubro de 1936.

Agora é o PP o que achega as súas opcións, non sen antes criticar que as declaracións do alcalde facendo propostas concretas son "imprudentes", xa que "ao estar sobre a mesa diversos nomes pode entenderse un agravio comparativo elixir un en detrimento dos demais".

"Hospital Cidade do Sacramento"
Por iso, defenden que o complexo hospitalario non reciba o nome de ningún médico en concreto, senón que se lle dea "un representativo do conxunto da cidade, que faga referencia á toponimia ou á historia de Lugo". Así, poñen de exemplo, "Hospital Lucus Augusti", "Hospital San Cibrao", "Hospital Camiño Primitivo" e "Hospital Cidade do Sacramento", a maior parte relacionados coa temática relixiosa.

Antes xa deron a súa opinión outros colectivos. O presidente do Colexio de Médicos, Xosé Ignacio Vidal Pardo, dixo que tiñan seis propostas. A federación veciñal tamén aposta por Rafael de Vega. Mentres que dende varias asociacións culturais decántanse por Xoán Rof Carballo. Dende o BNG aínda non definiron unha proposta, mais nunha xuntanza para escoller nomes de rúas saíron os dos médicos Ulises Romero e o Doutor Pallares.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: