O porto de Ferrol acolle un gran concerto musical en solidariedade cos 60 mariscadores procesados por deter un gaseiro que se dirixía a Reganosa.
En maio de 2007 os mariscadores de Ferrol saíron coas súas embarcacións para evitar que o gaseiro 'Galicia Spirit' (ver vídeo) chegase á planta de Reganosa. O pulso, que se mantivo durante varios días, escenificou a loita do colectivo contra unha infraestrutura polémica dende antes da súa creación.
Tres anos despois, 60 mariscadores están pendente dunha sentenza xudicial. Como mostra de solidariedade cos procesados o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol organiza este venres unha gran festiva de música.
Polo escenario da Praza Vella pasarán, de xeito desinteresado, a partir das 18 horas, os grupos Zënzar, A Cuadrilha do Campo de Chao, Cantareiras de Trasancos, Pulpiño de Viascón+Turu, Os Tres Trebóns, O Sonoro Maxín, La Sentina e Kastomä.