Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
VI EDICIÓN

Marica Campo gaña o Premio de artigos normalizadores de Carballo

Nos textos participantes percíbese "dor social" polas "medidas regresivas" impulsadas polo Goberno, mais tamén "ansias de traballar en defensa da lingua".

Redacción - 10:25 28/05/2010
Marica Campo (O Incio, 1948), exerceu de mestra en varios centros até a súa xubilación voluntaria no IES de Guitiriz, onde foi profesora de lingua galega

Marica Campo (O Incio, 1948), exerceu de mestra en varios centros até a súa xubilación voluntaria no IES de Guitiriz, onde foi profesora de lingua galega

“A procura do tesouro” de Marica Campo resultou o texto gañador do VI Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2010. Foi o elixido polo xurado de entre 39 traballos presentados e, segundo explica a acta, o seu recoñecemento debeuse “á súa capacidade para atraer públicos diversos, con niveis de lectura diferentes; ao seu contido de valor intrínseco, desde as raíces até o futuro; á súa calidade lingüística e literaria, cunha metaforización exacta, nun artigo de estrutura circular e con conexión con modalidades literarias tanto cultas como populares”

O xurado tamén lle concedeu un accésit ao artigo “Por unha Galiza neofalante”, de Marcos Abalde Covelo. Neste caso, subliñou a “capacidade de empatía que o artgio ten co público lector xuvenil, no que se fai unha análise rigorosa, orixinal e certeira da situación sociolingüística achegando aspectos novidosos e propostas atractivas e optimistas”.

O artigo gañador publicarase en Vieiros, como medio colaborar, en próximas datas. Asemade, tamén verá a luz en A Nosa Terra, A Peneira, Diario de Bergantiños, El Periódico de Bergantiños-Radio Líder, Galicia Hoxe, La Opinión de A Coruña, La Voz de Galicia, Longa Lingua, Tempos Novo e Xornal de Galicia.

Dor social pola situación da lingua
Ademais de agradecer a participación dos 39 autores que tomaron parte no certame, o xurado sinala que “a lectura do conxunto dos artigos é unha radiografía da visión sociolingüística do país, onde se percibe unha auténtica dor social pola situación do idioma e polas medidas regresivas que se están comezando a dar desde o goberno galego”, mais tamén subliña que “se perciben ansias por traballar na defensa da lingua, así como propostas positivas e orixinais na procura de avances para o galego».

Nas cinco edicións anteriores deste certame foron premiados autores como Xurxo Fernández Carballido, Olga Patiño Abeixón, Ana Rodríguez Barreiro, Ramón Vilar Landeira, Miguel Mosquera Fociños, Séchu Sende, Kiko Novoa, Xesús Fraga ou María Pilar García Negro.


4,5/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: