Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
CERTAME

Búscanse artigos xornalísticos que promovan o uso da lingua do país

O Concello de Carballo convoca por sexto ano consecutivo o Premio a Artigos Xornalísticos Normalizadores. O gañador recibirá 1.200 euros e verá publicado o seu texto.

Redacción - 09:30 10/04/2010

O Concello de Carballo vén de convocar a sexta edición do Premio a Artigos Xornalísticos Normalizadores. O galardón, que xa destaca entre os diferentes premios ao xornalismo en galego, premia artigos de prensa inéditos que defendan a normalización da lingua.

Nesta ocasión só un dos traballos que chegue até a capital de Bergantiños será distinguido. O premio consiste en 1.200 euros en metálico e a publicación do texto en numerosos medios de comunicación do país (entre eles Vieiros).

Se queres participar, podes consultar aquí as bases. O prazo para presentar traballos remata o vindeiro 3 de maio.


5/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: