Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FALLO

O xornalista Xesús Fraga gaña o IV Premio de Artigos Normalizadores do Concello de Carballo

O segundo premio foi para o locutor radiofónico Kiko Novoa. Nos vindeiros días Vieiros publicará os traballos galardoados

Redacción - 09:45 13/05/2008

O traballo “A bendita intrascendendia do pop” serviulle ao xornalista Xesús Fraga para impoñerse no IV Premio de Artigos Normalizadores que convoca o Concello de Carballo e levar o galardón de mil euros. O segundo premio, dotado con 350 euros, recaeu no tamén xornalista Kiko Novoa.

O artigo de Fraga analiza a importancia para a normalización das novas tendencias musicais. Pola súa parte, o traballo de Novoa “Carta dun trífido esquizoide” destaca a modernidade, necesidade e practicidade do noso idioma, nunha comparativa co caso sueco e “cunha destacada literaria con tintes rupturistas”.

Xesús Fraga é redactor de La Voz de Galicia. Como escritor ten publicados tres libros: Tute para catro (Xerais, 2000), A-Z (Xerais, 2003) e Solimán (Xerais, 2004). Kiko Novoa (Culleredo, 1973) é xornalista en Radio Voz Bergantiños.

Nos vindeiros días os artigos publicaranse en diferentes medios de comunicación do país, entre eles Vieiros.


4,56/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: