O primeiro ministro británico renuncia a continuar á fronte do Partido Laborista e dun hipotético goberno de coalición con Nick Clegg.
Gordon Brown, este luns
O primeiro ministro británico, Gordon Brown, anunciou este luns pola tarde a súa intención de abandonar a primeira liña política, tanto no ámbito institucional como á fronte do Partido Laborista. Porén, ofrécese a continuar temporalmente nunha virtual coalición cos liberal demócratas.
Nunha declaración sen preguntas fronte ao 10 de Downing Street, Brown avanzou que o líder da terceira forza, Nick Clegg, lle trasladou a súa intención de aceptar formalmente a oferta de diálogo que exposta polo aínda líder dos laboristas o pasado venres
Con todo, os liberal demócratas continúan a negociar cos conservadores. Brown confirmou que os altos funcionarios do Estado xa puxeron en marcha os mecanismos oficiais para facilitar os contactos.
De igual modo, confirmou que renuncia a continuar á fronte do Partido Laborista e confiou en que cando este organice o seu congreso anual, o próximo outono, xa non estea á fronte, xa que nin se presentará á reelección, nin apoiará ningún dos candidatos que aspiren a dirixir esta nova fase.