O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional analiza os escenarios electorais no Reino Unido de cara aos comicios parlamentarios do próximo 6 de maio.
Se ben meses atrás practicamente dábase por feita a vitoria de Cameron, a aparición do “fenómeno Clegg” e as incertezas propias do proceso electoral máis disputado das últimas décadas definirá un volátil mapa político, supeditado ás constantes negociacións e alianzas parlamentarias que permitan forman goberno.
(...)
O proceso electoral do próximo 6 de maio moi probablemente conducirá a unha profunda reorganización da política británica. Desde 1979, conservadores e laboristas consolidaron un sistema bipartidista que se verá agora sensiblemente modificado ante a perspectiva de ascenso electoral dun terceiro partido, o Liberal Demócrata, liderado por Neil Clegg (43 anos).
(...)
Por outro lado cómpre considerar o efecto que terán as eleccións británicas na concreción de modelos de autogoberno para Escocia, Gales e Irlanda do Norte, en especial ante o proceso denominado “Devolution” iniciado en 1999. Aquí se impoñen as demandas do Partido Nacionalista Escocés (Scottish National Party, SNP), actualmente gobernante en minoría en Glasgow; e do nacionalista galés Plaid Cymru.
(...)