Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Día do Comercio Xusto

'Un día para celebrar, todo o ano para actuar'

As ONGD que fan parte da Coordinadora Galega organizan diversas actividades en media ducia de cidades. Achegámoslles o programa.

Redacción - 11:00 08/05/2010

O 8 de maio celébrase o Día do Comercio Xusto en todo o mundo, unha xornada lúdica e festiva protagonizada no noso país polas ONGD que forman parte da Comisión de Comercio Xusto da Coordinadora Galega de ONGD.

As actividades vanse desenvolver en seis cidades (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo) e contarán coa participación doutras tantas ONGD integradas nesta Comisión: A Cova da Terra, Axuda en Acción, Intermón Oxfam, Panxea, Solidariedade Internacional e Taller de Solidariedade.

O lema deste ano é Un día para celebrar, todo o ano para actuar, unha mensaxe que quere lembrar os consumidores e consumidoras que o seu papel é "fundamental" para potenciar unhas regras de intercambio comercial máis xustas, equitativas e respectuosas coas persoas, as culturas e o medio ambiente.

As vendas de Comercio Xusto no estado español, e sobre todo en Galiza, creceron de forma progresiva dende o 2000 pero este último ano descenderon lixeiramente, segundo os últimos datos. A maioría dos produtos impórtanse de América Latina e África.


O programa previsto para este sábado é o seguinte:

A Coruña
Lugar: Xardíns de Méndez Núñez.
Horario: 12:00 a 20:00 horas
ONGD participantes:
Axuda en Acción
Intermón Oxfam
Solidariedade Internacional

Lugo
Lugar: Praza do Concello
Horario: 12:00 a 20:00 horas
ONGD participantes:
A Cova da Terra
Solidariedade Internacional
Taller de Solidariedade.

Ourense
Lugar: Rúa do Paseo
Horario: 12:00 a 20:00 horas
ONGD participantes:
Solidariedade Internacional
Taller de Solidariedade

Compostela
Lugar: CSC Ensanche ( Rúa Frei Rosendo Salvado 14-16)
Horario: 11:00 a 14:30 e de 17:30 a 20:30 horas
ONGD participantes:
Intermón Oxfam
Panxea
Solidariedade Internacional

Vigo
Lugar: Praza América
Horario: 12:00 a 20:00 horas
ONGD participantes:
Intermón Oxfam
Solidariedade Internacional
Taller de Solidariedade

Pontevedra
Día: 22 de maio
Lugar: Praza da Peregrina
Horario: 12:00 a 20:00 horas
ONGD participantes:
Solidariedade Internacional


Actividades programadas nas distintas cidades:

Venda e exposición de produtos de Comercio Xusto.
Obradorios de reciclaxe para nenos e nenas
Obradoiros de globoflexia e pintura de caras
Degustación de produtos de Comercio Xusto
Contacontos
Pase de vídeos e documentais
En Lugo. Funcións de teatro (12:00, 13:30 e 18:00 horas)
En Vigo. Obradoiros (de 11:45 a 13:15 e de 17:00 a 18:30 horas)


3/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: