Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Cita en Washington

No cumio 'atómico', moitas referencias ao terrorismo e poucas á necesidade de desarme

"Seremos máis fortes ca ninguén, coma sempre, e con moitas máis armas nucleares das que fan falta", declaraba a secretaria de Estado dos EUA, Hillary Clinton.

Redacción - 09:00 13/04/2010

Diante das críticas do Partido Republicano polos pequenos avances que nos últimos tempos tería amosado a administración estadounidense pilotada por Barack Obama en prol do desarme nuclear, a actual secretaria de Estado daquel país, Hillary Clinton, aclaraba dúbidas no escenario. "Seremos máis fortes ca ninguén, coma sempre fomos, e con moitas máis armas nucleares das que fan falta". Así de sincera se pronunciaba Clinton no contexto inmediatamente previo da cita en Washington para o cumio sobre 'Seguridade Atómica' desbotando calquera asomo de debilidade no fortín armamentístico dos Estados Unidos.

Trátase da maior convención internacional desde a de San Francisco en 1945 apadriñada pola ONU para debater sobre o asunto e asisten case medio cento de líderes mundiais. De momento, cara ao público, o principal asunto dos discursos son as reiteradas advertencias dos devanditos líderes sobre o perigo de que o material atómico caia en "mans equivocadas". A prevención do roubo ou contrabando de material nuclear é unha das demandas subliñadas pola maioría dos asistentes que se veñen pronunciando publicamente. Á cita renunciaron a asistir países dos que se considera que contan con proxectos nucleares en diverso grao, como é o caso de Israel, Corea do Norte e Irán. Xustamente, o estabelecemento de sancións a Irán por este motivo aparece como unha das metas principais da administración Obama.

Para ampliar:


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: