Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O pasado sábado, en Compostela

Concentración silente no Obradoiro en protesta polos rexistros corporais a familiares de presos en Teixeiro

Os asistentes -arredor de medio cento-, que portaban unha faixa e bandeiras vascas e galegas, permaneceron unha hora en silencio vixiados pola Policía.

Redacción - 12:25 15/03/2010

A Praza do Obradoiro de Compostela foi escenario este sábado ao mediodía dunha protesta silente. Unhas 50 persoas concentráronse diante do Hostal dos Reis Católicos para exixir o cesamento dos rexistros corporais a familiares de presos en Teixeiro.

Portando bandeiras galegas e vascas e unha faixa, os asistentes permaneceron no lugar, en silencio, desde as 12.00 ás 13.00 horas, baixo a vixilancia de 15 axentes antidisturbios. Segundo informa o colectivo Ceivar, estes identificaron boa parte dos presentes

Ademais, a Policía comunicou que, dado que a concentración non fora comunicada na Delegación do goberno español en Galiza, recaerían novas multas económicas sobre os participantes.

O acto -sen convocatoria previa- produciuse logo de que ese mesmo sábado pola mañá, ás 9.00 horas, familiares de presos eran desaloxados da antesala de entrada para as visitas do centro penitenciario de Teixeiro, onde "protestaban pacificamente", por parte da Garda Civil.


5/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: