Un 24 de febreiro de 1996 nacía Vieiros, o primeiro medio dixital en galego.
No mesmo día que se cumpren 173 anos do nacemento de Rosalía de Castro e 25 anos da primeira emisión da Radio Galega, Vieiros chega aos 14 anos. Un 24 de febreiro 1996, cando internet apenas sobrepasaba o ámbito universitario e estaba aínda lonxe de popularizarse, “nacía un punto de encontro para os galegos na rede: Vieiros, o barrio galego en internet”. Pouco despois, aquel buscador evoluíu cara un medio de información.
Catorce anos percorrendo os camiños dixitais fixéronnos decanos da prensa dixital do país e conseguiron que Vieiros sexa hoxe unha voz pequena, pero firme e asentada no espazo da comununicación galega.
Algúns aniversarios anteriores:
Sete anos de Vieiros (24/02/2003)
Os medios de comunicación salientan o novo deseño de Vieiros (25/02/2004)
O último aniversario dunha soa cifra (24/02/2005)
Quedamos contigo: dez meses de celebración (24/02/2006)
Once anos contando as cousas dende aquí (24/02/2007)
Vieiros, doce anos tecendo o día a día (24/02/2008)
Vieiros, trece anos de singradura (24/02/2009)